O cine ao aire libre do Verán Cultural de Barbadás chega a Bentraces coa proxección de Rondallas

O programa de cine na rúa incluído no Verán Cultural de Barbadás continuará este venres 17 de xullo cunha nova sesión en Bentraces. A proxección terá lugar ás 22.30 horas na Praza do Pumar.
Nesta ocasión, o público poderá desfrutar de Rondallas, a película dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. A cinta está pensada para espectadores de todas as idades e sitúa a súa historia nunha vila mariñeira galega, onde a música se converte nun dos elementos centrais da narración.
A actividade forma parte da programación estival impulsada polo Concello de Barbadás, que continúa levando o cine ao aire libre a distintos espazos do municipio durante o verán.