O claustro do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo acollerá a proxección ao aire libre de Rondallas

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A película de Daniel Sánchez Arévalo poderá verse este 24 de xullo dentro da programación “Un claustro de cultura”, nunha sesión aberta a todos os públicos
rondallas-xunqueira
24 Jul 2026

O claustro do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo converterase este xoves 24 de xullo nun cine ao aire libre coa proxección de Rondallas, a película dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. A sesión, incluída no programa “Un claustro de cultura”, comezará ás 22.30 horas.

A cinta está pensada para espectadores de todas as idades e desenvolve a súa historia nunha vila mariñeira galega, onde a música ocupa un papel central na narración.

A proxección está cofinanciada pola Deputación de Ourense e conta coa colaboración do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

0.1003270149231