O Club Hockey Albor triunfa na final da Copa Deputación de hóckey herba

O Club Hockey Albor pecha unha fin de semana chea de éxitos na final da Copa Deputación de hóckey herba.
Os rapaces da categoría infantil e cadete xa lograran a vitoria neste torneo fai algunhas semanas, e esta fin de semana foi a quenda do equipo alevín mixto, quedando os rapaces na primeira posición e as rapazas na segunda, mentres que os benxamíns lograron proclamarse campións.
En canto as prebenxamíns, os rapaces obtiveron a primeira posición mentres que as rapazas quedaron en terceiro posto.