O Club Lectores de Maceda organiza unha mesa redonda sobre o compromiso ético

OurenseXa
O encontro contará con tres relatores e celebrarase no salón de plenos do Concello
mesa redonda Maceda
1 Nov 2026

O Club Lectores de Maceda organizou unha mesa redonda que levará por título ‘O compromiso ético: Emilio González Graña’. A actividade terá lugar o vindeiro 14 de novembro, ás 19.30 horas, no salón de plenos do Concello de Maceda.

O acto conta coa colaboración do Concello de Maceda, que cede as súas instalacións municipais para a celebración do encontro.

Na mesa redonda participarán tres intervenientes: Moncho Ramos Requejo, Antón Fernández Álvarez e Bieito Seara Formoso, que debaterán arredor da temática proposta pola organización.

A cita está aberta a todas as persoas interesadas en asistir, no marco das actividades culturais que impulsa o Club Lectores de Maceda no municipio.

0.12938189506531