O Club Ourense Atletismo brillou no Campionato Galego sub 18 de Pista Curta cun total de trece medallas

OurenseXa
En total, os atletas do Club Ourense Atletismo alzáronse cun total de 6 medallas de ouro, 4 de prata e 3 de bronce
atletas-club-ourense-atletismo
17 Feb 2025

Este sábado, 15 de febreiro, a pista cuberta de Expourense foi testemuña dun destacado rendemento dos atletas do Club Ourense Atletismo no Campionato Galego de Atletismo sub 18 de Pista Corta. O club, que levou aproximadamente a 30 atletas á competición, alzouse cun total de 13 medallas, consolidando a súa posición como referente no atletismo galego.

Os logros do club foron sobresaeentes, cun total de 6 medallas de ouro, 4 de prata e 3 de bronce, o que augura un futuro moi prometedor para estes mozos talentos. As medallas obtidas foron as seguintes:

Medallas de Ouro:

  • Hugo Casañas Pedrades: 1º en Peso cun lanzamento de 19.61m (Récord Galego SUB-18).
  • Fernando Ventura Blanco Lorenzo: 1º en Pértiga con 3.81m.
  • Sabela Castelo López: 1ª en 3.000m cun tempo de 9:46.65.
  • Iria Solera Movilla: 1ª en Altura con 1.74m.
  • Aitana Capeáns Rey: 1ª en Peso con 14.74m.
  • Rebeca Fernández Guntiñas: 1ª en Pértiga con 3.21m.

Medallas de Prata:

  • Mario Lorenzo Ferreiro: 2º en 1.500m cun tempo de 4:07.09.
  • Arancha Vázquez Quiroga: 2ª en 60m cun tempo de 7.78.
  • Marta Quiroga Pousa: 2ª en Pértiga con 2.91m.
  • Antia Calvo Grela: 2ª en Lonxitude con 5.08m.

Medallas de Bronce:

  • Rocío Marín Pérez: 3ª en 60m valos cun tempo de 9.18.
  • Irma Veiguela Tizón: 3ª en 800m cun tempo de 2:18.98.
  • Susana Padrón Morales: 3ª en 1.500m cun tempo de 4:51.94.
0.072026968002319