O Club Sincro Ourense brillou no Campionato Galego de Natación Artística de Inverno Xunta de Galicia

O Club Sincro Ourense brillou esta fin de semana no Campionato Galego de Natación Artística de Inverno Xunta de Galicia, que tivo lugar nas instalacións da Piscina Rosario Dueñas, na cidade de Ourense.
O club logrou a segunda posición como Mellor Club, cun total de 2790,8654 puntos, só por detrás do CN Artística Galaico Pontevedra. A terceira posición nesta categoría foi para o RCN de Vigo.
Ademais, na categoría Alevín, o CN Sincro Ourense quedou en primeira posición con 754,1635 puntos, seguido do CN Artística Galaico Pontevedra, 699,6513 puntos, e o RCN de Vigo, con 496,8948 puntos.
Na categoría infantil, a primeira posición foi para o CN Artística Galaico Pontevedra, mentres que Sincro Ourense quedou no segundo lugar o o RCN Vigo en terceira posición. A vitoria na categoría Sénior foi para Vigo, seguido do Galaico Pontevedra e Sincro Ourense, co terceiro posto.
En canto á categoría Júnior, o Club Sincro Ourense logrou o segundo posto, con 1233,7793, precedido polo RCN Vigo, con 1263,3701 puntos, mentres que a terceira posición foi para o CN Artística Galaico Pontevedra, con 1217,0431 puntos.