O COB anuncia que Isaac Vázquez non xogará esta tempada en Ourense

OurenseXa
O Club Ourense Baloncesto e a Cultural e Deportiva Leonesa chegaron a un acordo para a cesión do xogador
Isaac Vázquez, Club Ourense Baloncesto
Isaac Vázquez, Club Ourense Baloncesto
11 Xul 2024

Club Ourense Baloncesto e a Cultural e Deportiva Leonesa chegaron a un acordo para a cesión do xogador do COB Isaac Vázquez de cara á próxima tempada deportiva 2024/2025.

Despois da fichaxe de Isaac para os próximos catro anos nunha aposta por un proxecto a longo prazo, o Club quere que o xoven xogador ourensano continúe coa súa progresión e crecemento nas filas do equipo leonés que disputará a Segunda FEB para que siga collendo experiencia.

Desde o Club Ourense Baloncesto aseguran que seguirán de cerca a súa evolución durante a próxima campaña na Segunda FEB, despois de destacar en EBA mediando 13.3 puntos, 4.7 rebotes e 4 asistencias para ter 14.8 de valoración.

0.1420590877533