O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense convoca a XV edición do seu Concurso de Postais de Nadal

ACoruñaXa | OurenseXa
Os colexiados poderán votar polas propostas gañadoras ata o 23 de novembro
A CORUÑA postales nadal graduados sociales
18 Nov 2026

O espírito do Nadal comeza a facerse notar no Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense a través da creatividade dos máis pequenos. A entidade celebra este ano a décimo quinta edición do seu Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa xa consolidada coa que cada ano escolle os debuxos que servirán para felicitar as festas.

A convocatoria está aberta aos fillos, netos e demais familiares dos colexiados e colexiadas. Nesta ocasión presentáronse nove traballos, realizados por nenos e nenas de diferentes idades, que buscan converterse na imaxe da felicitación navideña do Colexio para este 2026.

Os participantes están repartidos en dúas categorías. A primeira reúne tres debuxos de nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, mentres que a segunda conta con seis propostas elaboradas por rapaces de 8 a 12 anos. Todas elas achegan a súa propia visión do Nadal a través de cores, formas e interpretacións desta celebración.

Os colexiados poden votar ata o 23 de novembro

O proceso de elección está agora en mans dos colexiados e colexiadas, que poden participar na votación e escoller as súas propostas favoritas ata o vindeiro luns, 23 de novembro. Ao remate do prazo seleccionaranse dous debuxos gañadores, un por cada categoría, que serán os protagonistas da postal coa que o Colexio felicitará o Nadal deste ano.

A organización quere recoñecer tanto o talento dos traballos premiados como a participación de todos os nenos e nenas que se sumaron á convocatoria. Por iso, os gañadores recibirán un premio e o resto dos participantes tamén levarán un agasallo como agradecemento pola súa creatividade e ilusión.

 

0.16570687294006