O Combo Dominicano pon o peche final ás Festas do Couto
OurenseXa
As festas do Couto rematan este domingo logo de catro días de festa onde a choiva non foi un impedimento para que os asistentes gozaran da música e as atracciós
Festas do Couto
19 Maio 2024
As Festas do Couto rematan este domingo, 19 de maio, nuha xornada chea de música e espectáculos. A encargada de poñer o peche final a esta edición, na que a choiva non foi un impedimento para as miles de persoas que se achegaron ao barrio ourensán para gozar festa, será a orquestra Combo Dominicano, que actuará esta tarde na rúa Dalí.
Ademáis, a partir das 10.30 horas, celebrarase a II Andaina Festa do Couto, mentes que a festa comezará a mediodía con pasarrúas a cargo dunha banda de gaitas e a actuación de Bieito Blanco na rúa Greco ás 19.00 horas.