O comercio local de Maceda participa na campaña “Merca no teu comercio”

OurenseXa
Estará activa até o 15 de xuño e entre as persoas participantes sortearanse 1.000 euros en premios
merca-no-teu-comercio-maceda
4 Jun 2026

O comercio local de Maceda participa na campaña “Merca no teu comercio, Merca en Maceda”, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.

A campaña desenvolverase até o 15 de xuño de 2026 e está dirixida a todas as persoas que realicen compras nos establecementos comerciais do municipio durante ese período.

Entre as persoas participantes sortearanse 1.000 euros en premios, distribuídos en 20 tarxetas regalo de 50 euros cada unha. O sorteo terá lugar o 16 de xuño de 2026 e os premios deberán empregarse en novas compras nos comercios de proximidade de Maceda ata o 30 de novembro de 2026.

Para participar, existen dúas opcións: rexistrar a compra directamente a través da páxina web da campaña como consumidor ou ben que o propio comerciante rexistre o ticket de compra, o que dará unha participación adicional no sorteo. En ambos casos será necesario conservar ou fotografar o xustificante da compra.

As persoas premiadas serán contactadas pola Federación Galega de Comercio e os resultados publicaranse na web da campaña unha vez finalizado o proceso.

0.12777400016785