O Concello colabora coas festas de Quintela de Canedo e Palmés

OurenseXa
Ambas festas desenvolveranse durante a próxima dfin de semana
Concello de Ourense
7 Aug 2024

O Concello de Ourense colabora nas festas que esta fin de semana se desenvolverán nas localidades de Quintela de Canedo, na honra da Virxe das Neves, e Palmés, na honra de San Mamede e da Virxe do Rosario.

A programación de actividades de Quintela de Canedo comezará o venres, 9, con verbena desde as 0.00 horas a cargo do dúo Estelar. Continuará o sábado, 10, con sesión vermú con Disco Móbil (12.00 horas), xogos infantís e populares (17.00 horas), cea popular (22.00 horas) e verbena co dúo Maratón. As festas rematarán o domingo, 11, con misa campestre ás 13.00 horas e, de seguido, sesión vermú con Disco Móbil.

As festas de Palmés comezarán tamén o venres, 9, cun concurso de tortilla (20.00 horas), Cea popular ás 21.00 h, e verbena a cargo de Xoldra e Montreal (23.00 horas). O sábado, 10, haberá alborada a cargo dunha pequena representación da escola de gaitas Devalar de Amoeiro, misa na honra da Virxe do Rosario, partido de solteiros contra casados (18.00 horas), xogos populares infantís (19.00 horas) e verbena a cargo de Carpe Diem e Pancho (23.30 horas). As celebracións de Palmés rematarán o domingo, 11 con misa na honra de San Mamede, sesión vermú amenizada polo trío Marfil, campionato de chave (17.00 horas), o partido de presentación do C.D. Palmés (18.00 h) e a festa co trío Marfil (20.00 horas), que porá fin á programación festiva


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19110107421875