O Concello da Bola abre as inscricións para o programa Concilia Verán 2026

OurenseXa
A iniciativa desenvolverase do 1 de xullo ao 4 de setembro e o prazo permanecerá aberto até o 26 de xuño
concilia-veran-a-bola
9 Jun 2026

O Concello da Bola vén de abrir o prazo de inscrición para o Concilia Verán 2026, un programa de conciliación familiar dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

A iniciativa desenvolverase do 1 de xullo ao 4 de setembro e contará con dúas quendas horarias: de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

As actividades terán lugar en diferentes espazos do municipio, como a Nave de Cacabelos, a Área Recreativa, a Aula CEMIT e o Bosque Comestible, ofrecendo unha programación variada de lecer e aprendizaxe.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de xuño. Terán prioridade na adxudicación das prazas as crianzas empadroadas ou vinculadas ao Concello da Bola.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais ou contactar nos teléfonos 988 451 293 e 604 037 952.

0.13095688819885