O Concello da Bola acolle a vindeira semana varias charlas sobre o uso seguro da banca dixital e as compras en liña

OurenseXa
Serán do 8 ao 11 de xuño na Aula CeMIT
curso-yo-conecto-a-bola
4 Jun 2026

O Concello da Bola organiza unha actividade formativa centrada no uso seguro da banca dixital e das compras en liña, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adquirir maior confianza á hora de realizar xestións a través de internet.

A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do propio concello e contará con varias sesións ao longo de diferentes días, co obxectivo de facilitar a asistencia en función da dispoñibilidade de cada participante. As xornadas terán lugar o 8 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, o 9 de xuño, de 16:00 a 19:00 horas,  o mércores 10 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, e o xoves 11 de xuño, de 16:00 a 19:00 horas.

Durante a formación abordaranse contidos prácticos relacionados co uso da banca dixital, os pagamentos por internet, a prevención de posibles fraudes e diferentes recomendacións para realizar compras online de maneira segura.

A organización lembra que non é necesario asistir a todas as sesións, polo que cada persoa poderá participar unicamente nos días que mellor se adapten ás súas necesidades. Para máis información e inscricións, o Concello da Bola habilitou o teléfono 988 45 12 93.

0.12129807472229