O Concello da Bola acollerá este martes a segunda sesión da Escola de Enerxía da Fundación Naturgy

O Concello da Bola acollerá este martes 2 de xuño a segunda sesión da Escola de Enerxía da Fundación Naturgy, unha iniciativa formativa centrada nesta ocasión na seguridade no fogar e no uso responsable da enerxía.
A actividade incluirá unha charla na que se ofrecerán consellos prácticos para previr riscos eléctricos e relacionados co gas, así como recomendacións para mellorar a seguridade nas vivendas e fomentar hábitos de consumo máis responsables no día a día.
A sesión terá lugar no local da planta baixa do Concello da Bola ás 18:15 horas e as persoas interesadas en asistir poderán inscribirse previamente a través dos teléfonos 988 451 293 e 604 037 952.