O Concello da Bola inicia un curso de informática para persoas adultas na aula CEMIT

O Concello da Bola pon en marcha desde este mércores, 16 de abril, unha nova actividade formativa centrada na iniciación á informática dirixida a persoas adultas. As sesións desenvolveranse todos os xoves en horario de 18.00 a 19.00 horas.
O curso ten como obxectivo achegar coñecementos básicos sobre o uso do ordenador, facilitando así que a veciñanza poida adquirir competencias dixitais útiles para o seu día a día. Durante as clases, as persoas participantes aprenderán a manexar o teclado e o rato, así como as funcións máis elementais dos equipos informáticos.
Ademais, a formación incluirá prácticas de mecanografía e outros contidos orientados a mellorar a autonomía no uso cotián das tecnoloxías.
As sesións terán lugar na aula CEMIT do propio concello, que acolle esta iniciativa orientada a reducir a fenda dixital e favorecer o acceso ás novas tecnoloxías no ámbito local.