O Concello da Bola pon en marcha un programa de promoción da igualdade con atención social e psicolóxica

O Concello da Bola vén de poñer en marcha un novo programa de promoción da igualdade dirixido a apoiar, acompañar e fortalecer o benestar das persoas participantes.
Esta iniciativa inclúe un servizo de acompañamento e atención psicolóxica e social, así como actividades tanto grupais como individuais orientadas á sensibilización en materia de igualdade.
O programa tamén ofrecerá espazos de encontro, reflexión e empoderamento, co obxectivo de favorecer a participación social e mellorar o benestar emocional da veciñanza.
Trátase dun recurso gratuíto impulsado desde o ámbito municipal para avanzar na promoción da igualdade no municipio.
As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición nos Servizos Sociais do Concello da Bola ou a través dos teléfonos 988 45 12 93 e 604 037 952.