O Concello da Merca abre este luns o prazo de inscrición presencial para unha excursión a Málaga e Granada

OurenseXa
Poderán formalizarse nas oficinas municipais ata o 21 de agosto
excursion-malaga-granada-a-merca
9 Aug 2026

O Concello da Merca abre este luns o prazo de inscrición presencial para a nova excursión dirixida á terceira idade que terá lugar entre os días 20 e 23 de setembro de 2026, unha proposta de catro días de duración centrada en visitas culturais e actividades de convivencia.

O viaxe inclúe un completo programa con visita á cidade de Málaga, percorrido por Granada con entrada á Alhambra e unha noite con espectáculo de tablao flamenco, ademais do desprazamento organizado con todas as comodidades.

A iniciativa está dirixida especialmente a persoas pensionistas e empadroadas no municipio, que terán prioridade na adxudicación das prazas. As persoas non empadroadas pasarán a formar parte dunha lista de espera. O número de prazas é limitado, cun mínimo de 40 e un máximo de 48 participantes.

As inscricións poderán formalizarse nas oficinas municipais ata o 21 de agosto. O prezo da excursión é de 540 euros en habitación dobre, cun suplemento de 150 euros no caso de habitación individual.

0.13508200645447