O Concello da Merca organiza unha excursión para a terceira idade a Málaga e Granada

O Concello da Merca organiza unha nova excursión dirixida á terceira idade que terá lugar entre os días 20 e 23 de setembro de 2026, cun programa de catro días centrado en visitas culturais e actividades de convivencia.
A viaxe inclúe unha visita á cidade de Málaga, un percorrido por Granada con entrada á Alhambra e unha noite con espectáculo de tablao flamenco, ademais do desprazamento organizado con todas as comodidades.
A actividade contará con prioridade para persoas pensionistas e empadroadas no municipio, mentres que as persoas non empadroadas pasarán a unha lista de agarda. As prazas están limitadas a un mínimo de 40 e un máximo de 48 participantes.
O período de inscrición telefónica estará aberto entre o 29 de xuño e o 10 de xullo no número 988 26 00 00, mentres que a inscrición presencial poderá realizarse do 10 ao 21 de agosto nas oficinas municipais.
O prezo da excursión é de 540 euros en habitación dobre, cun suplemento de 150 euros no caso de habitación individual.