O Concello da Peroxa repartirá mañá trampas para velutinas entre a veciñanza

O Concello da Peroxa repartirá este xoves entre as 13:00 e as 14:00 horas trampas para velutinas entre a veciñanza, que deberá acudir coas trampas utilizadas en anos anteriores co fin de que sexan reutilizadas.
Así mesmo, desde o Concello lembran que é posible realizar unha mestura caseira para a elaboración do líquido atraente, que consiste en 5 litros de auga templada, 150 gramos de levadura e 2 quilos de azucre. Unha vez preparada, a mestura debe deixarse fermentar durante unhas horas antes da súa utilización nas trampas.