O Concello de Allariz recibirá unha achega de 30.000 euros para o Festival de Xardíns

OurenseXa
A Deputación de Ourense vén de mobilizar un total de 268.389,99 euros á cooperación cos concellos e entidades
xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
30 sep 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense mobiliza 268.389,99 euros á cooperación cos concellos e entidades. Deste xeito, o Concello de Allariz percibirá 30.000 euros para o Festival de Xardíns, o Concello de Oímbra obterá 5.000 euros para dirección de proxectos, o Concello de Cenlle terá 37.900 euros para pavimentación do camiño de acceso a Cima de Vila, así como 22.990 euros para un muro en Vilar de Rei.

Para unha obra termal, o Concello de Cortegada recibirá 59.999,99 euros, o Concello de Pontedeva terá 13.000 euros para mellora do alpendre de Requeixo. No que atinxe ao Concello de San Amaro, destinaranse 42.000 euros para a recuperación e mellora do contorno da igrexa de San Fiz de Navío. Por último, o Concello de Sandiás percibirá 23.000 euros para proxectos e dirección de obra de viarios.

No tocante ás axudas a diferentes institucións e colectivos, a Universidade de Santiago recibirá 3.000 euros para o “Proxecto estímulo talento matemático Estalmat”. A Asociación Alcer Ourense obterá 10.000 euros para gastos de funcionamento da entidade e actividades, mentras que a Asociación Executivas de Galicia recibirá 11.500 euros para o programa “Xerando Redes”. Por último, á entidade Special Oympics Galicia concedéronselle 10.000 euros de axuda provincial para a organización do seu evento anual para persoas con diversidade funcional.

0.15676689147949