O Concello de Amoeiro convida a veciñanza a participar nun obradoiro centrado no uso da intelixencia artificial

A sede da Asociación de Veciños de Bóveda acollerá este mércores pola tarde un obradoiro titulado“Como organizar unha rutina saudable coa axuda de ChatGPT”, unha sesión centrada no uso da intelixencia artificial para apoiar a planificación de hábitos de vida positivos.
Durante a actividade exploraranse as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para organizar rutinas e mellorar o benestar diario mediante ferramentas dixitais.
O obradoiro está dirixida a persoas empadroadas no Concello de Amoeiro e terá lugar en horario de 19:00 a 20:00 horas, e será de carácter gratuíto para as persoas asistentes.