O Concello de Amoeiro renova as súas piscinas municipais

OurenseXa
As piscinas municipais de Amoeiro abriron esta semana cunhas instalacións renovadas para estrear o verán
Piscinas de Amoeiro
Piscinas de Amoeiro
14 Xul 2024

As piscinas de Amoeiro Costa do Monte abriron as súas portas esta semana, cunhas instalacións renovadas para estrear o verán.

Os visitantes poderán gozar de tres piscinas (olímpica, semiolímpica e infantil) nunhas instalacións que teñen 3.000 m2 e que contan con máis de 5.000 m2 de céspede.

As instalacións estarán abertas ata o 9 de setembro en horario de 13.00 a 21.00 horas e contan, ademais, con cafetería, cancha de tenis, cancha de fútbol sala e oito grelladas e merendeiros.

A entrada para adultos ten un prezo e dos euros, mentres que para a rapazada de entre 5 e 15 anos o prezo será de tan só un euro. Pola súa banda, os menores de 5 anos e os maiores de 65 anos poderán acceder de forma totalmente gratuita.

0.051373958587646