O Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación asinan un convenio para amosar «Berces de vida»

OurenseXa
«Berces de vida» permanecerá aberta desde o 18 de abril ata o 16 de maio na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás
Berces_de_vida
Exposición
4 abr 2024

Afundación, o Concello de Barbadás e ABANCA asinaron na mañá deste xoves, 4 de abril, na Casa do Concello de Barbadás, o convenio para a realización da mostra «Berces de vida. De paseo polos bosques de España». No acto estuvieron presentes Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde do Concello de Barbadás, Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense, e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída no proxecto «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Berces de vida» permanecerá aberta desde o 18 de abril ata o 16 de maio na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, onde se poderá visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 h e de 16.00 a 20.00 h. A mostra, realizada en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías da biodiversidade das fragas e bosques de España e está comisariada por Joaquín Araújo.

Sobre a exposición

"Berces de vida" está articulada por 26 fotografías cheas de luz, cor e beleza, retrata os diferentes ecosistemas boscosos de todas as comunidades autónomas de España e pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar uns espazos imprescindibles para a vida no noso planeta. Complementadas con textos explicativos de Joaquín Araújo, estas imaxes reflicten o compromiso de todas as entidades participantes neste proxecto coa preservación do medioambiente.

A exposición, comisariada polas dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Joaquín Araújo, convídanos a pasear polos bosques de España á vez que expandimos a súa beleza e, sobre todo, a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura. En palabras de Joaquín Araújo: "O bosque é o lugar onde a luz convértese en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todas as persoas e animais respiremos. As arboledas suman chans á pel do mundo, que antes era só roca, e despois frean o deserto que quere arrebatarnos esa primeira riqueza que é a fertilidade natural. Alí tamén están as futuras e máis necesarias materias primas. O bosque esconde a solución para resolver todas as carencias actuais de alimentación, curación e enerxía. Esquecelo é esquecer que o tempo pasa e que o único antídoto é a renovación da vida, á que nada nin ninguén contribúe tanto nin tan eficazmente como as árbores".

Só hai un planeta, e cada acción para coidalo conta. Por iso, desde Afundación, a Obra Social ABANCA, recollemos como liña fundamental da nosa programación, o apoio e divulgación de contidos orientados a fomentar unha mentalidade sostible e comprometida coa natureza.

"Corrente Cultural" é unha aposta de ABANCA e Afundación para difundir cultura por toda Galicia, polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis aló dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, con interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.