O Concello de Barbadás entra a formar parte da Área Funcional Ourense Sur

OurenseXa
Na Área Urbana Funcional Ourense Sur participan os concellos de Barbadás, Ourense, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, co obxectivo de reforzar o compromiso co desenvolvemento sostible
Encontro económico da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao
9 sep 2024

Barbadás reforza o seu compromiso co desenvolvemento sostible coa aprobación, por parte do Pleno, da entrada do Concello na Área Funcional Ourense Sur e a Axenda Urbana, unha guía metodolóxica que propón un "menú á carta" de posibles accións para que todos os actores, públicos e privados que interveñen nas cidades, e especialmente as Administracións Locais, poidan elaborar os seus propios plans de acción e implementación.

A Axenda Urbana Española é unha política nacional urbana, un marco estratéxico e non normativo que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo, explican desde o Concello. "É tamén unha política con capacidade de acelerar a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) en todas aquelas metas que teñen un compoñente territorial e urbano e, en particular, o ODS 11 sobre cidades sustentables, inclusivas, seguras e resilientes".

Na Área Urbana Funcional Ourense Sur participan os concellos de Barbadás, Ourense, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. As diferentes dimensións e liñas de esta formulación estratéxica parten das necesidades detectadas no diagnóstico e das propostas e opinións adquiridas no proceso participativo, no que se levou a cabo un proceso de validación e valoración dos obxectivos e accións principais incluídas no Marco Estratéxico e Plan de Acción da Axenda Urbana da Área Urbana Funcional Ourense Sur.

0.084807157516479