O Concello de Barbadás mellorará o acceso ao polideportivo

OurenseXa
Os traballos consisten en habilitar unha rampla como único acceso ao campo de fútbol e ao polideportivo
obras_polideportivo_barbadas
Obras de mellora da accesibilidade no polideportivo de Barbadás
8 abr 2024
O Concello de Barbadás pon en marcha as obras para mellorar o acceso ao polideportivo. Os traballos consisten en habilitar unha rampla como único acceso ao campo de fútbol e ao polideportivo. Unificarase o acceso peonil mediante a mellora do cortaventos de acceso ao complexo e a creación dunha rampla accesible exterior sobre o talud existente.
Ademáis, realizarase a climatización da zona de vestiarios aproveitando a caldeira existente para a auga das duchas e arranxaranse os problemas de humidades do inmoble.