O Concello de Barbadás organiza unha xornada de paintball na Valenzá o 20 de xuño

OurenseXa
A actividade está dirixida a persoas a partir dos 12 anos e as inscricións estarán abertas ata o día 19 ou ata completar aforo
paintball--recurso
31 May 2026

O Concello de Barbadás, a través da Casa da Mocidade, organiza unha xornada de paintball que se celebrará o sábado 20 de xuño no núcleo de A Valenzá.

A actividade está dirixida a persoas a partir dos 12 anos e propón unha proposta de ocio activo ao aire libre con partidas ao longo de toda a xornada. En total, desenvolveranse 18 xogos, con grupos de ata 16 participantes por partida.

A programación dividirase en dous tramos horarios, de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e terá lugar no Parque dos Cogumelos, situado na rúa Calzada Romana, baixo a gasolineira GALP.

As entradas xa están dispoñibles a través da plataforma Woutick, cun prezo de 5 euros por persoa. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 19 de xuño ás 12:00 horas ou ata completar o aforo.

Desde a organización destacan que se trata dunha actividade pensada para fomentar a participación xuvenil e o lecer activo nun entorno controlado e seguro.

0.12344813346863