O Concello de Barbadás súmase á Semana Europea do Deporte con exhibicións de cinco disciplinas

OurenseXa
Este martes haberá sesión de ximnasia rítmica nas pistas do parque da Solaina, dende as 17.30 horas
Parque-paseo-dos-amieiros-pista-multideporte-barbadas
24 sep 2024

O Concello de Barbadás súmase á Semana Europea do Deporte con exhibicións de cinco disciplinas en tres escenarios distintos ao longo desta semana. As actividades arrancaron este luns cunha exhibición de fútbol na nova pista multideporte da Valenzá e continúan este martes cunha sesión de ximnasia rítmica nas pistas do parque da Solaina, dende as 17.30 horas.

A ximnasia de trampolín será protagonista o mércores 25 de setembro no polideportivo municipal. O venres 27 de setembro haberá dobre oferta deportiva, baloncesto e balonmán, na pista multideporte a partir das 18.00 horas.

Dende o Concello advirten de que, en caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización dalgunha das actividades, cambiaranse os emprazamentos.

0.18446683883667