O Concello de Cartelle abrirá este martes as piscinas municipais

O Concello de Cartelle abrirá as piscinas municipais este mércores, 1 de xullo, iniciando así a tempada estival nas instalacións públicas do municipio.
As piscinas estarán dispoñibles para o uso da veciñanza en horario de 15:00 a 21:00 horas, converténdose nun espazo habilitado para o baño e o lecer durante os meses de verán.
Desde o Concello destacan estas instalacións como un lugar axeitado para o descanso, o tempo de lecer e o desfrute en compañía, especialmente nos días de maior calor.