O Concello de Cea retoma o Ciclo Mestre Mateo o 2 de setembro coa proxección de 'San Simón'

A segunda parte deste ciclo de cinema galego, que se desenvolve integramente no municipio, arrincará no Edificio Multiusos ás 20.00 horas
ciclo_mestre_mateo_cea
24 Aug 2026

O Concello de Cea prepárase para retomar o Ciclo Mestre Mateo, un espazo dedicado ao cinema galego que se desenvolve integramente no municipio. Tras a primeira parte do ciclo, chega agora a súa segunda entrega, que arrincará o vindeiro mércores 2 de setembro.

A cita será ás 20.00 horas no Edificio Multiusos, onde se proxectará a película 'San Simón', coa que se abre esta nova fase do ciclo.

A iniciativa está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual, entidade responsable de traer ata Cea unha selección do mellor da produción cinematográfica galega. Deste xeito, o municipio consolídase como sede deste proxecto cultural, ofrecendo aos veciños e veciñas a oportunidade de achegarse ao cinema galego sen saír da súa localidade.

Dende a organización anímase á cidadanía a gardar a data na axenda e a achegarse ao Edificio Multiusos para desfrutar desta nova proxección, nunha cita que reafirma o compromiso do Concello de Cea coa cultura e o audiovisual galego.

0.13887619972229