O Concello de Celanova apraza a Festa Latina polos terremotos de Venezuela

O Concello de Celanova anunciou o aprazamento da Festa Latina que estaba prevista para este pasado domingo 28 de xuño. A decisión, segundo explicou a administración local, adoptouse como mostra de solidariedade co pobo venezolano e coas familias que desde o municipio seguen “con dor e preocupación” os acontecementos que se están a vivir en Venezuela.
Desde o Concello sinalan que a medida responde tamén ao respecto e á proximidade coa comunidade latina residente no municipio, con especial atención á comunidade venezolana.
A institución trasladou ademais o seu pésame ás familias das vítimas e expresou o seu apoio a todas as persoas afectadas pola situación.