O Concello de Coles segue coas obras de reparación e asfaltado das súas vías municipais

O Concello de Coles continúa co seu programa de reparación e mantemento das vías municipais. Nesta nova fase de actuacións, os traballos centráronse no arranxo de baches e no asfaltado de diferentes puntos do termo municipal.
Con estas intervencións, o goberno local pretende mellorar o estado xeral das estradas, facilitar a circulación de vehículos e peóns, e reforzar a seguridade de todas as persoas que se desprazan por estas vías.
Dende o Concello destacan que se trata dun labor continuado, dirixido a manter e mellorar as infraestruturas do municipio, atendendo ás necesidades particulares de cada unha das parroquias que forman parte de Coles.
Neste sentido, dende o Concello sinalan que a mellora dos camiños e estradas repercute directamente no día a día da veciñanza, facilitando os seus desprazamentos habituais e a súa calidade de vida.