O Concello de Esgos acollerá dous obradoiros na biblioteca dentro do programa ‘Ler conta moito’

OurenseXa
Haberá un baseado nas ciencias e outro de lettering
Biblioteca Municipal de Esgos
10 May 2026

O Concello de Esgos acollerá este ano dúas actividades na biblioteca municipal no marco do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, unha iniciativa de fomento da lectura que tamén inclúe propostas de carácter educativo e creativo.

Segundo informou o propio Concello, está prevista a realización de dous obradoiros dirixidos á veciñanza. Un deles estará centrado no ámbito científico e combinará a lectura con experimentos prácticos que permitirán achegarse á figura de distintas científicas galegas e ao seu traballo. O segundo obradoiro terá un enfoque artístico e estará dedicado ao lettering, unha disciplina baseada na escritura creativa e decorativa.

O goberno local indicou que máis adiante se darán a coñecer as datas e horarios das actividades, así como o procedemento de inscrición para as persoas interesadas en participar.

0.12969398498535