O Concello de Esgos acollerá un concerto do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco

O Grupo de Acordeóns Bieito Blanco actuará o vindeiro sábado 23 de marzo ás 19:00 horas no Centro Cultural Parada Justel, no concello de Esgos.
A actuación, enmarcada dentro das programadas para este ano a través da Rede Provincial de Auditorios de Ourense (ReaOU), será de balde para os asistentes.