O Concello de Esgos acollerá un concerto do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco

OurenseXa
A actuación terá lugar o sábado 23 de marzo no Centro Cultural Parada Justel
grupo_bieito_branco_esgos
Grupo de Acordeóns Bieito Blanco
10 mar 2024

O Grupo de Acordeóns Bieito Blanco actuará o vindeiro sábado 23 de marzo ás 19:00 horas no Centro Cultural Parada Justel, no concello de Esgos.

A actuación, enmarcada dentro das programadas para este ano a través da Rede Provincial de Auditorios de Ourense (ReaOU), será de balde para os asistentes.