O Concello de Esgos aproba aș bases das axudas á escolarización e á natalidade

OurenseXa
O prazo de solicitude xa está aberto para ambas axudas
pupitre-escola-recurso
Imaxe dun pupitre
16 Out 2024

O Concello de Esgos vén de aprobar as bases para a liña de axudas destinadas ás familias con fillos ou fillas matriculadas no ciclo de Educación Infantil.

A contía das axudas será de 70 euros por neno para os cursos de 4.º, 5.º e 6.º de educación infantil (3, 4 e 5 anos), por rigorosa orde de presentación, ata esgotar o crédito orzamentario asignado.

Serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de material escolar e complementario coma material escolar funxible (cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, cartafoles, tinta de impresora, libros…), material complementario (regras, estoxo, mochilas), material deportivo (chándal, tenis, camisetas, etc.) e roupa de abrigo e  calzado.

Ademais, o Concello de Esgos tamén pon a disposición das familias unha liña de axudas para sufragar os gastos derivados do nacemento, acollemento ou adopción de nenos e nenas do Concello durante o ano 2024.

A contía das axudas se prorrateará entre as diferentes solicitudes presentadas, cunha contía máxima de 500,00 euros por solicitante, ata esgotar o crédito orzamentario consignado para o efecto.

Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como vestimenta e calzado, utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o bebé, produtos sanitarios, de hixiene e medicamentos, alimentos infantís, cueiros, , babeiros, chupetes, cambiador, carriño, mobiliario, etc.

0.19217491149902