Esgos solicita á Subdelegación do Goberno unha nova xornada formativa do programa “A administración preto de ti"

OurenseXa
Lembran que para poder levala a cabo será necesario que as persoas interesadas se inscriban previamente nas oficinas municipais ou na biblioteca
biblioteca-esgos
Biblioteca de Esgos
11 Mar 2025

Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía, o Concello de Esgos solicitará á Subdelegación do Goberno unha nova xornada informativa dentro do programa “A administración preto de ti" pero, diferente das anteriores, segundo informan dende o Concello.

Nesta ocasión, o Goberno municipal propón unha charla informativa pola mañá para dar a coñecer entre a veciñanza os servizos que maior interese xeran do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), como son as prestacións e subsidios por desemprego, os requisitos e trámites precisos para acceder á xubilación, informe de vida laboral e cotizacións, realización de xestións a través da sede electrónica, entre outros.

Para poder levala a cabo, lembran que é preciso un mínimo de asistentes, polo que animan ás persoas interesadas a inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca.

⚙ Configurar cookies
0.033892869949341