O Concello de Ourense abre a inscrición para 23 cursos e obradoiros para persoas adultas

OurenseXa
O prazo para apuntarse permanecerá aberto do 5 ao 11 de outubro e o catálogo completo xa se pode consultar a través da web municipal
pilates-
29 Sep 2026

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense presentou unha nova edición do seu programa de actividades para o curso 2026/2027, dirixido a toda a veciñanza empadroada no municipio que teña 18 anos ou máis. A proposta reúne unha vintena de obradoiros orientados ao benestar, a formación e o lecer.

En total, a oferta contempla 23 actividades diferentes, con especial peso das disciplinas centradas na saúde física e mental. Entre elas inclúense clases de ioga, pilates, ioguilates, ximnasia, mantemento físico, fitness, zumba e bailes latinos.

Xunto a estas propostas de carácter físico, o programa tamén aposta polo desenvolvemento persoal, con obradoiros de biodanza, autocoidado, adestramento mental e empoderamento a través da arte. Completan a oferta varias sesións de alfabetización dixital, pensadas para ensinar o manexo do teléfono intelixente e a realización de trámites electrónicos.

Como e cando inscribirse

As persoas interesadas xa poden revisar o catálogo completo de actividades a través da web actividades.ourense.gal. O prazo para presentar solicitudes abrirase o vindeiro luns, 5 de outubro, e manterase activo ata o domingo 11 de outubro.

Cada persoa poderá seleccionar ata un máximo de tres actividades, indicando a orde de preferencia entre elas. Para quen precise apoio á hora de completar a inscrición, o Concello habilitou un servizo de atención presencial no Centro Cívico Colón, situado na rúa Colón, número 18, 2º, en horario de 09.00 a 13.00 horas.

Sedes dos obradoiros

As actividades repartiranse entre os distintos centros cívicos municipais da cidade: Colón, A Cuña (rúa Doctor Peña Rey), A Ponte (rúa Eulogio Gómez Franqueira), As Termas (praza 200) e Seixalbo (rúa Estreita).

0.16165208816528