O Concello de Ourense activa o servizo especial de autobuses nocturnos durante as festas
O Concello de Ourense activa o servizo especial de autobuses nocturnos durante as festas de Nadal. Así, o autobús nocturno Moucho Bus estará operativo os días 24 e 31 de decembro, días de Noiteboa e Noitevella, respectivamente.
Serán dúas liñas as que funcionarán este ano, a número 25A, que percorre o treito que vai desde O Vinteún até A Cuña, e a 25B, que vai desde a antiga estación de autobuses até a residencia
A liña O Vinteún – A Cuña terá saídas ambas as noites ás 1.00, 2.00, 3.00. 4.00, 5.00, 6.00 e 7.00 horas desde O Vinteún, e ás 1.30, 2.30, 3.30, 4.30, 5.30 e 6.30 horas desde A Cuña. A liña Antiga estación de autobuses - Residencia terá saídas desde a antiga estación ás 1.30, 2.30, 3.30, 4.30, 5.30 e 6.30 horas, e desde a residencia ás 1.00, 2.00, 3.00, 4.00, 5.00, 6.00 e 7.00 horas.
Por outra banda, debido ao remate do período lectivo na Universidade, desde o 23 de decembro até o 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos, suspenderase o servizo da liña 20 de autobuses urbanos: Parque de San Lázaro – Campus universitario – O Vinteún.