O Concello de Ourense aproba o convenio de Xantar na Casa
O Concello de Ourense vén de aprobar no Pleno Extraordinario celebrado este martes, 18 de xuño, o convenio de colaboración entre o organismo municipal e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa “Xantar na Casa”.
Sen embargo, a cuestión non estivo exenta de polémica. Os grupos da oposición criticaron que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome tardase cinco meses en asinar este convenio, deixando aos seus beneficiarios sen servizo durante máis de tres meses.
Desde o Partido Popular xa viñan tempo denunciando esta situación. "É vergoñento que a Xunta de Galicia leve desde o pasado mes de xaneiro, esperando que o Concello de Ourense lle responda á proposta de convenio que lle fixo para a posta en marcha do servizo Xantar na casa nesta cidade e que aínda a levase hoxe a comisión de pleno”, sinalaba a pasada semana a voceira popular, Sonia Ogando.
Pola súa banda, o BNG insta agora á Xunta de Galicia a axilizar a posta en marcha deste servizo logo dos retrasos derivados do Concello de Ourense.