O Concello de Ourense asegura que o proxecto de orzamentos atópase en fase de fiscalización

OurenseXa
O Goberno municipal ten a intención de aprobar os orzamentos o 23 de maio
concello-ourense-recurso
6 May 2025

O orzamento do Concello de Ourense dá os seus últimos pasos anteriores á presentación ao Pleno e xa se atopan en intervención na fase de fiscalización. Este servizo ten como data límite para emitir o seu informe, o 15 de maio.

O Goberno, tras negociar cos grupos da oposición, ten intención de convocar unha sesión extraordinaria do Pleno, o día 23 de maio. De non aprobarse na sesión plenaria, o alcalde Pérez Jácome, formulará unha cuestión de confianza para a forzar a súa aprobación.

O proxecto de orzamento prevé un incremento dun 10% en relación co de 2020 e no capítulo de gasto social incrementarase un 20%.

No capítulo de ingresos, o Goberno Municipal conxela a totalidade dos impostos, IBI, vehículos etc. e practicamente a totalidade das taxas, coa excepción da tarifa da auga, modificada por imperativo da Comisión Europea.

Paralelamente, levouse a cabo unha revisión das bases de execución, normativa que acompaña os orzamentos, para asemellalas á maioría dos concellos de gran poboación.

⚙ Configurar cookies
0.16548705101013