O Concello de Ourense colabora coas Festas de Covadonga

OurenseXa
As festas do barrio de Covandoga arrancan este venres, 6 de setembro, e estenderanse ata o domingo
Fogos artificiais
5 sep 2024

O Concello de Ourense colabora coas festas do barrio de Covadonga, que se desenvolverán esta fin de semana.

A programación de actividades comezará mañá, venres, día 6 de setembro, ás 21.00 horas, cunha cea popular e, a continuación, a verbena a cargo do Dúo Os Trasnos.

O sábado, 7, de setembro, haberá sesión de música de baile, de 20.30 a 22.00 horas coa Gramola e, ás 0.00 horas, fogos e Festa da Mocidade, tamén coa Gramola.

A programación rematará o domingo ás 12.00 horas, con misa e procesión acompañada polos gaiteiros Cantares da Cunha, e sesión vermú amenizada polos gaiteiros, ás 13.00 horas.

0.16753792762756