O Concello de Ourense conmemora o Día Mundial da Infancia

OurenseXa
Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o día 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno no ano 1959
Día Mundial da Infancia, Concello de Ourense
Día Mundial da Infancia, Concello de Ourense
20 Nov 2024

O Concello de Ourense sumouse esta mañá á celebración do Día Mundial da Infancia 2024, cun acto institucional que se desenvolveu no salón de plenos.

O tenente de alcalde, Aníbal Pereira, acompañado de concelleiras e concelleiros de diferentes grupos políticos municipais, deu lectura a unha declaración institucional, aprobada polo Concello a proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), co título “Un día para avanzar no compromiso para que os nenos, nenas e adolescentes vivan e participen nun contorno libre de violencia”.

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o día 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno no ano 1959. O día mundial lembra que todos os nenos e todas as nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.

0.17022204399109