O Concello de Ourense establece os servizos mínimos de cara á folga de traballadores
Esta mañá foron decretados os servizos mínimos que funcionarán durante a folga do persoal funcionario convocada para os días 31 de outubro e 4 de novembro de 2024.
O persoal laboral do Concello non poderá exercer o seu dereito á folga xa que non foi convocada polos seus representantes sindicais, Comité de Empresa, e deberá asistir ao seu posto de traballo de forma ordinaria, salvo aquel persoal que teña fixado para ese día vacacións, asuntos propios, desfrute da terceira ponte festiva ou permiso que lle autorice a ausencia do seu posto de traballo.
Os servizos mínimos serán os seguintes:
- SPEISPC: dotación completa de once funcionarios/as e cando menos un mando.
- Servizo de Benestar Social. Fogar do Transeúnte: 50% do persoal
- Servizo de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá. Sección Cultura: 50% do persoal
- Servizo de Saúde. Dispensario Metadona UAD: 1 funcionario/a
- Cemiterios municipais: 50% do persoal
- Sistemas de información: 1 persoa de perfil técnico do servizo.
- Servizos Xerais: 1 alguacil Estatística: 1 funcionario/a para atender certificados urxentes de empadroamento e similares.
- Servizos con atención ao público: 1 auxiliar/administrativo por cada un dos servizos.
- Xefaturas de servizos ou asimilados: a persoa titular ou quen a substitúa por RPT.
Serán os xefes de servizo os que determinen o nome das persoas que se propoñan para prestar os servizos mínimos e, así mesmo, deberán velar polo seu correcto cumprimento.