O Concello de Ourense fai público o programa de actividades para conmemorar o 8M

O Concello de Ourense presentou a programación oficial para conmemorar o 8M, que incluirá distintas actividades ao longo de todo mes, e que estarán dirixidas ao alumando dos centros escolares así como á cidadanía en xera.
Algunhas das actividades do programa comezaron xa este xoves, cun contacontos titulado ‘Ámome!’ nos CEIP Prácticas e A Ponte, e que continuará este venres no CEIP Mestre Vide e Curros Enríquez.
O acto institucional será tamén este venres, 7 de marzo, no Salón de Plenos do Concello, previo ao pleno de febreiro. Durante o mesmo terá lugar a lectura do Manifesto Institucional Polo Día Internacional das Mulleres.
A VI edición da Carreira da Muller 2025 será o domingo, 9 de marzo. Organizada por Runmaniak, contará con dous percorridos, un curto (de 1 quilómetro) e outro longo (de 5 quilómetros), con saída ás 10.50 e ás 11.00 horas, respectivamente.
Os días 13 e 14 de marzo, os escolares dos centros Concepción Arenal e Luis Vives participarán no Escape Room “Estrelas”, organizado por Territorio Comanche e dirixido ao alumnado de ESO.
O 20 de marzo terá lugar o obradoiro ‘Cultivando a Igualdade’, impartido pola sexóloga e docente do INCISEX, Almudena Herranz Roldán. A actividade desenvolverase no Centro de Infomación á Muller de Ourense, ás 20.00 horas. Á mesma hora e tamén no CIM, o día 25 de marzo terá lugar outro obradoiro titulado ‘Re Pensarnos: a construción da narrativa propia’, un taller mixto con Getse Valenzuela, educadora, contadora e cantadora de historias. En ambos casos, as persoas interesadas en asistir poderán anotarse no teléfono 988 393 191 ou por correo electrónico, a través da dirección concelleriamuller@ourense.es.
Pola súa conta, o día 26, a quenda será para o obradoiro "A igualdade e a convivencia" que, neste caso, estará dirixido ao alumnado do módulo integración social CIFP Portovello, e contará coa dirección de Ana Pérez Cardoso, educadora do CIMM.
Para rematar, dende o 26 de marzo e ata o 7 de abril poderá visitarse na Sala Municipal José Ángel Valente a mostra "Marzo todo o ano", unha exposición colectiva de mulleres artistas de Ourense. Xa en abril, entregarase o XIV Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que, nesta ocasión, foi para a artista ourensá, Cristina Pato.