O Concello de Ourense inicia os traballos de instalación do alumeado de Nadal
									OurenseXa								
			O acendido das luces será o día 5 de decembro
 					
					
Luces de Nadal na rúa do Paseo
			
			24 Oct 2024
			
				O Concello de Ourense iniciou os traballos de instalación da iluminación artística que embelecerá e dinamizará as rúas da cidade durante a celebración do Nadal 2024.
Esta mañá comezaba a colocación dun dos elementos máis icónicos e representativos da ornamentación da festa en Ourense: a árbore de Nadal da Alameda. Durante as próximas semanas, os traballos levaranse a cabo en diferentes rúas e prazas da cidade. O acendido das luces será o día 5 de decembro.