O Concello de Ourense insta ao Goberno Central a iniciar "canto antes" a demolición do Centro de Interpretación
O goberno municipal do Concello de Ourense lamenta que a execución das obras da Variante Norte da cidade, que está a levar a cabo o goberno estatal, mingüen considerablemente as condicións de uso das termas do río Miño, xa que impiden o acceso desde a Nacional 120 e inutilizan a zona de aparcamento que dá servizo as instalacións termais. Isto ten como consecuencia que as persoas que desexen achegarse ás termas teñan que aparcar na outra marxe do Miño e cruzar despois o río a través da pasarela de Outariz.
O goberno municipal insta o goberno estatal a que inicie “canto antes” a execución das obras de demolición do edificio inacabado do Centro de Interpretación de Parques Naturais de Quintela para que o Concello poida utilizar os terreos que ocupa para acondicionar un novo aparcamento que dea servizo á zona termal