O Concello de Ourense nomea aos integrantes das mesas Eleccións ao Parlamento de Galicia
O Concello de Ourense celebrou esta mañá, nun pleno extraordinario, o sorteo público e nomeamento dos compoñentes das mesas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do día 18 de febreiro de 2024. A designación, realizada a través dunha aplicación informática entre un censo de 83.548 persoas, elixiu aleatoriamente a composición das 142 mesas dos 82 colexios electorais da cidade de Ourense.
As 1.278 persoas que deberán exercer a presidencia y vogalía (2) de mesa, así coma os seus suplentes -dous por cada un-, serán notificadas nos vindeiros días.
Sorteo público e nomeamento dos compoñentes das mesas para as eleccións ao Parlamento de Galicia do día 18 de febreiro de 2024, convocadas por Decreto 150/2023, do 25 de decembro.
A maiores, poderán exercer o seu voto 24.261 persoas que corresponden ao censo electoral de ourensáns e ourensás residentes-ausentes que viven no estranxeiro (CERA).