O Concello de Ourense pagará os 11 millóns de euros que debe a provedores e funcionarios municipais
O Partido Popular de Ourense afirma que vén de acadar que o Concello de Ourense pague por fin os 11 millóns de euros que lle debe a provedores e aos funcionarios municipais que levan sen cobrar a súa nómina íntegra desde febreiro.
Os populares sinalan que levan traballando insistentemente nos últimos meses para que o Goberno Municipal desbloque esta situación que lle estaba a xerar graves prexuizos a provedores e traballadores do Concello, acadaron o compromiso certificado polos órganos de xestión competentes de que as débedas contraídas pola errática xestión económica municipal serán por fin saldadas.
O Grupo Municipal do PP na cidade recalca que “esta é a noticia que tantos meses levan esperando os provedores e os traballadoras e pola que tanto levamos loitado cun traballo arduo, rigoroso e constante, sen focos nen postas en escena, pero coa convicción de que o fundamental é que o Concello pague o que debe”.
“Mentres outros grupos se adican a teatralizar relatos, nós centrámonos en acadar o que de verdade lle preocupa á xente. Quenes prestaron servizos ao Concello de Ourense e non cobraron por ese traballo, agora poderano facer grazas ao empeño e á presión do Partido Popular”.