O Concello de Ourense publica o Plan de Estabilización de Emprego Temporal
O Concello de Ourense publica o Plan de Estabilización de Emprego Temporal correspondente ao exercicio de 2022 tras ser aprobado a semana pasada en Xunta de Goberno.
O executivo de Gonzalo Pérez Jácome sacou adiante devandito Plan despois de que o Partido Popular cedese ás peticións do grupo de goberno para sacar adiante unha serie de modificacións de crédito por valor de 20 millóns de euros.
Tras unha negociación, o executivo municipal acordou cos populares manter o criterio de desempate que beneficiaría ao traballador que fose deste concello, a pesar das pretensións iniciais do alcalde de beneficiar a aqueles que viñesen de fóra. "Nós prefeririamos outro criterio de desempate, pero aceptamos por un ben superior, neste caso desbloquear a xestión do Concello con eses 20 millóns. Á fin e ao cabo, ata podería darse o caso de que ningún funcionario doutras administracións quixese trasladarse ao Concello, co cal, o cambio seria irrelevante", sinalaba o alcalde nun comunicado.
A pesar de todo, os traballadores municipais do Concello manterán as súas protestas mediante concentracións puntuais, descartando en principio a idea de volver convocar unha xornada de folga. O motivo, explican, é que as súas reivindicacións non só tenen que ver co Plan de Estabilización recentemente aprobado, se non que se basean no trato que reciben por parte do acalde . Tal e como explicaba o presidente da Xunta de Persoal do Concello de Ourense, Javier Nóvoa, do CSIF, nunha entrevista a este medio, “o que pedimos é respecto”. “Pedimos que se teña educación, que non se nos denigue. Creo que entra dentro do xusto, o razoable e o sensato, do que sería un trato normal”, sinalaba fai unhas poucas semanas.