O Concello de Ourense recupera os terreos do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia

OurenseXa
A Xunta,  a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, acaba de asinar a entrega por reversión destas parcelas
Edificio del Centro de Interpretación de Parques Naturales de Galicia en Ourense
29 Xul 2024

A Xunta,  a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, acaba de asinar a entrega por reversión dunhas parcelas sitas na proximidade do río Miño ao Concello de Ourense, tal e como reclamaba a administración local. Trátase, concretamente, dos terreos do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia.

Previamente, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como consellería que dispoñía da adscrición destes bens, informou favorablemente sobre esta solicitude.

Así pois, a raíz deste trámite, o Concello de Ourense volve ter a propiedade deses terreos.

0.20661211013794